Etiquetas

martes, 1 de noviembre de 2011

Cronica partido Pabellón - edcverin alevíns A

Pabellón 8 - Edcverin alevíns A 0

Ante o mellor equipo da categoría os rapaces aguaantaron as tres cuartas partes do partido de forma mais que digna, rematando a primeira parte con un 2-0 no que a mala sorte xugou unha mala pasada. Lastima de ese segundo gol caseque co pitido final i en propia meta. Loitaron os nenos de xeito que un equipo que levaba un balance de goles ate o momento de 32 a favor e 2 en contra, e xogando na súa casa non foron quen de remachar o partido (como eles o fan normalmente, con diferencias superiores ós 10 goles) ate so os 10 derradeiros minutos.

Felicitacións para o rival  polo traballo que fan e que polo visto no partido de hoxe, vai camiño de envabezar a clasificación. Grande circulación de balón, bandas rapidas (¡que comen eses rapaces por deus!), colocación ataque defensa impecable. Da gusto velos xogar. Pero nós chegaremos a eso, seguro, tempo ó tempo.

Dos nósos, nada que reprochar cando se da o que se tén e con deportividade. A sguir mellorando na primeira autonómica de alevíns de Futbol-7, estase no camiño. A partires de agora e a vista da clasificación os rivais parecen mais asequibles, si ben dende logo non han de ser doadas. O calendario quixo que nas primeiras xornadas tocasen os mellores equipos da categoría, os dous Pabellóns, Ourense, Ponte, todos con unha grande tradición de equipos solidos nestas categorías.

Alguén decia o outro día, "agora empeza a nosa liga", pois a por eles. Dende logo pelexando como o outro día seguro que se acadan resultados pronto.

Aqui quedan como non as fotos do partido;

http://www.youtube.com/watch?v=5H_KsZcxEZI&feature=feedu

Videos por cortesia de afeccionados anónimos entendo que do Pabellón;

http://www.youtube.com/watch?v=UTKWGZ35LVw
http://www.youtube.com/watch?v=KmlmFE6P56A

No hay comentarios:

Publicar un comentario